Mércores, Marzo 26, 2025
Xornada

A LÚA continúa brillando sobre o ceo das Rías Baixas. Rinoceronte pon rumbo ás terras altas encabezado por Daniel. Elena González escala ata a primeira posición. Raio Verde poucas veces perde.

O verán de brazos cálidos non sorprendeu á comunidade da billarda Rías Baixas. Non obstante, notouse a súa pegada na resistencia física de palanadoras e palanadores. Así, só 4 palanadores chegaron á vintena de ptos. Daniel Rino fíxose coa vitoria, segundo foi Xan Rodiño e terceiro o Ciclón de Moscoso, Che. En mulleres ganou Elena González, seguida de Belmira e Chefa. En categoría Infantil o Raio Verde Xián foi primeiro, segunda foi Lucía e terceira Antía. En equipos, houbo igualdade entre Rinoceronte e Lúa de Forza. Houbo que ver que palanador dos dous equipos conseguiu a maior puntuación, e neste caso foi Chicho de Lúa de Forza. En equipos femininos o dominio de Valpaços só ten a resposta de Gharaboto e como nas temporadas anteriores ata o final estarán pugnando.

ACTAS

A loita continúa na cabeza da xeral individual. Daniel e Xan manteñen a distancia de 4 ptos a favor do Rino e Charri tivo unha actuación mediocre para o que el é. Pode ser que lle influíra o saber que ten que acudir esta semana ao Got Talent e realizar unha actuación perfecta se quere que Risto non o elimine ás primeiras de cambio. Agora, acércanse a este trío Chicho e Che. Quedan 4 xornadas e calquera despiste pode ser letal para as aspiracións de título. En mulleres Elena González fíxose coa primeira posición despois dunha xornada memorable. 19 ptos conseguiu a de GHA. Agora, Elena supera a Tania nun único pto. Adriana comeza a achegarse á primeira praza. Será cousa de 3 ou Chefa sumarase a esa loita? En Infantil, o Raio Verde aproveitou a ausencia de Hugo para recortarlle diferenza e agora é segundo na xeral a 7 ptos do xogador de GHA. En equipos, Lúa de Forza deu un paso firme cara ao seu primeiro título de Conferencia, pois COR foi quinto na xornada, superando soamente a VAL. Aínda así, 26 ptos son os que agora ten de vantaxe o equipo de Sanxenxo, mais non son definitivos. Gharaboto mantense terceiro e Rinoceronte comeza a acelerar a carreira para acercarse ao podio. Fenomenal actuación de Laxe de Rons, por fin os catro tenores do equipo afinaron os paláns ao mesmo tempo. Valpaços mantivo a súa liña de facer preto dos 50 ptos.

 EQUIPOS Total123456
1LÚA DE FORZASANXENXO407796648706678
2CORREDOIRASBUEU381836134816161
3GHARABOTOMARÍN364584267685970
4RINOCERONTEPONTEVEDRA350405866565278
5VALPAÇOS TERRA QUENTEVIGO279514542474747
6LAXE DE RONSO GROVE235152143533766
7ARMADIÑAPOIO194 36585347 
8CAMPO DA FEIRAPAIOSACO116591641  

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *