INFORME TÁNATOR e Xornadas da fin de semana 5 e 6 xuño
A vindeira fin de semana preséntase moi atractiva, tanto desde o punto de vista competitivo como desde o aspecto xeográfico. Así, quen queira visitar dous lugares paradisíacos pode facer a ruta da billarda. A primeira parada será en Marín, na Ría de Pontevedra, o sábado 5 de xuño, no campo de fútbol de San Xulián. A segunda parada será en Cabanas, na desembocadura do Eume e coas Fragas do Eume como fondo paisaxístico do concello.
Ademais, a situación das clasificacións fai que a emoción estea garantida. Abaixo aparecen os 20 primeiros postos da Xeral individual. Vemos como os 3 primeiros están separados entre si por 4 ptos. Estes son os únicos xogadores que teñen de media máis de 20 ptos por xornada.
INDIVIDUAL ABSOLUTA | Total | ||
1 | DANIEL | RIN | 89 |
2 | XAN | LÚA | 87 |
3 | CHARRI | COR | 85 |
4 | FARI | COR | 75 |
5 | CHICHO | LÚA | 70 |
6 | ÁLVARO | GHA | 58 |
7 | CAROLO | LÚA | 54 |
8 | CHE | RIN | 54 |
9 | ALBINO VEIGA | VAL | 54 |
10 | CHO | ARM | 50 |
11 | HUGO INF | GHA | 48 |
12 | TANIA | VAL | 43 |
13 | PIRU | GHA | 42 |
14 | GELÍN | GHA | 40 |
15 | MARTÍN | LAX | 40 |
16 | RICOY | LÚA | 40 |
17 | BENI | COR | 39 |
18 | ALFONSO | VAL | 37 |
19 | LUÍS CAMIÑA | GHA | 35 |
20 | PEQUE | ARM | 34 |
En canto á categoría de Equipos, o líder LÚA e o segundo COR están separados por 4 ptos. GHA, que exercerá de local na vindeira xornada estase acercando e xa está a 24 ptos de COR. O equipo de Marín está preparando a conciencia o campo de San Xulián, para sorprender aos rivais. As voces que daban por descartado para a loita polo título a GHA estaban equivocadas, xa que o maquinista L. Camiña nunca se esquece de meter combustible na caldeira do seu equipo. RIN semella que este ano quere loitar por fin polos postos de podio. O gran momento de Daniel, líder da Xeral Individual e Che, o Ciclón de Moscoso, combinado coas actuacións intermitentes do látego do Sar, José Manuel e de Gonzalo o Románico están supoñendo un paso adiante para este histórico equipo que pasou unha época de case extinción. Ademais, xa recuperaron a César e, por outra beira, a nova camada de rinocerontes está enchendo os campos de billarda de balbordo de pezuños e cornos ao aire. VAL está tendo unhas actuacións magníficas, sobre todo, cos ptos de Albino Veiga e de Tania, que están liderando ao equipo morado. ARM estase rearmando e aos sólidos Cho e Manu uníuselles Peque e Diego formando un cuarteto de percusión moi interesante. Elena Sabarís e Lau completan un sexteto solvente. Despois veñen as crianzas de ARM que melloraron moito a súa técnica de golpeo, como Alexis e Naia. LAX consolidou un equipo de 6 palanador@s con 3 deles, Gerardo, Martín e Ricardo Lois que sempre ocupan as 25 primeiras prazas da xeral. Chichí é máis imprevisible e ten bos días como días nefastos. A sección feminina medrou coa chegada de Mari e agora Lita xa non se sente soa.
EQUIPOS | Total | ||
1 | LÚA DE FORZA | SANXENXO | 263 |
2 | CORREDOIRAS | BUEU | 259 |
3 | GHARABOTO | MARÍN | 235 |
4 | RINOCERONTE | PONTEVEDRA | 220 |
5 | VALPAÇOS TERRA QUENTE | VIGO | 185 |
6 | ARMADIÑA | POIO | 147 |
7 | LAXE DE RONS | O GROVE | 132 |
8 | CAMPO DA FEIRA | PAIOSACO | 116 |
Na Conferencia Noroeste o máis salientable é, como a cotío, unha nova extradeportiva, ou polo menos pouco deportiva. Vós mesmas, vós mesmos podedes tirar conclusións. Desde a Comarca de Bergantiños chegounos este informe do correspondente de Bi.GAL nesa latitude do país. Pensamos que as imaxes e os datos son claros e cristalinos. Unha páxina web, un material, un prezo, unhas medidas, e moita investigación, son os ingredientes deste novo INFORME TÁNATOR.