Xoves, Abril 25, 2024
Xornada

Metamorfose sorprendente. BIGAL transfórmase en BI.GAL

Si, o tantas veces lembrado e estrañado medio deportivo máis influente do panorama deportivo galego, BIGAL, que levaba algúns meses hibernando, por fin saíu do seu letargo invernal e pandémico. Certo, mudou de pel e cor, non así de afiado, preciso e incisivo discurso. En fin, reiniciamos a información sobre o Deporte Autóctono e a súa modalidade de Billarda. A partir do luns 10 maio comezaremos a informar das últimas novidades no mercado de fichaxes, así como, da situación de equipos e xogador@s de cara a buscar un lugar nos libros de historia do deporte galego.

Xa están preparados os calendarios para rematar a temporada 2020-2021. Botade un ollo e para calquera consulta, aclaración, información ou corrección dirixirse ao correo electrónico billarda@billarda.gal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *