Xan gaña a 2ª xornada e Charly ponse líder na liga
A segunda xornada da LNB NorOeste desputouse no campo de fútbol de Eirís.
Xan Rodiño de Lúa de forza foi o campión da xornada e tamén fixo a máxima tuntuación, 27 puntos. O segundo clasificado foi Charly de Campo da Feira e 3º Iván de APB da Laracha.
Na categoría de equipos o campión foi Campo da Feira, 2º APB e 3º Filloas de Sangue.
En categoría feminina gañou Merche de APB e o campión infantil Abel de Campo da Feira.
O gran beneficiado da xornada foi Charly, de Campo da Feira, que fixo unha moi boa puntuación e colócase primeiro na clasificación xeral, seguido de Roi Moris e Landras, os dous de Filloas de Sangue.