Xoves, Outubro 3, 2024
ActualidadeConferencia NoroesteLiga Nacional de Billarda

Batido de billarda na terra de EIRÍS domingo 18 outubro

A poucas horas da xornada segunda da LNB NOR os equipos preparan as equipacións e o material para adaptarse a un campo de Eirís que se caracteriza por unha terra tan clara e cristalina que funciona como un espello en días de sol. As predicións son favorables a un deses días soleados e calurosos, polo tanto, as escadras buscan as camisetas de verán e os lentes que xa tiñan gardados na lacena.

Aproveitamos a ocasión para mostrar as estatísticas de participación individual nesta Conferencia. Lois Fontán é o xogador con maior número de xornadas disputadas nesta conferencia. Os datos son daquelas persoas que xogaron como mínimo 10 xornadas, pois sería inmensa a gráfica se se incluíran as 444 persoas que teñen xogado na LNB NOR desde o ano da súa creación 2007. Nos temos datos da temporada 2009-2010, pois as actas non aparecen e iso que Iker Jimenez está detrás delas. Nestas 9 temporadas organizáronse 162 xornadas ata o día de hoxe.

 

Outras estatísticas refírense ás xornadas ganadas polos equipos LNB das 3 Conferencias desde a creación desta competición na temporada 2005-2006. Billardeiros Musicais encabeza esta clasificación.

 

En cada Conferencia hai un dominador claro en número de xornadas ganadas. Na LNB NOL é o número 1 da LNB, BMU de Ribadeo, Na LNB NOR manda FEI de Paiosaco e na LNB RIB domina COR de Bueu. Das temporadas 2006-2007 e 2007-2008 LNB NOL, non hai actas, como tampouco da 2009-2010 LNB NOR.

 

Podemos falar doutras marcas históricas que encabeza Campo da Feira, o número de vitorias consecutivas e o número de xornadas encabezando a clasificación xeral de xeito consecutivo.  Os Morcegos de Paiosaco están marcando unha época na LNB NOR e vai ser difícil bater esas marcas, aínda que en deporte as marcas son motivación para superarse a unha mesma a un mesmo.

 

En fin, na LNB non todo son resultados tanxibles e realidades matemáticas irrefutables. Como exemplo de que os soños tamén forman parte deste deporte podemos publicar a imaxe dun soño, o soño dun histórico xogador, Lois Fontán, quen soñou que nesta vindeira segunda xornada LNB NOR outro dos seus rapaces de Filloas ganaba a xornada. Desta vez, segundo Fontán, será un ninguén da LNB, con apenas 14 xornadas NOR xogadas e algunha máis nas outras Conferencias. Un alma en pena que encontrou acubillo en Filloas no outono pasado e cuxos resultados nunca o acercaron ao podio. Pois ben, Lois soñou que Landras, discípulo e protexido de Andrade, ganaba na Coruña… incluso nos enviou a foto sacada  na terra de Eirís… Unha viaxe no tempo? Unha premonición onírica? O domingo sairemos de dúbidas.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *