2020-2021 A BILLARDA ENMASCARADA
Comeza a temporada 2020-2021 e non son poucas as novidades. A Conferencia Rías Baixas é a primeira en botar a andar. Ademais de cumprir o Protocolo elaborado para xogar cunhas medidas de prevención do contaxio da COVID, esta temporada só se xogará en exterior.
O Calendario está planificado ata fin de ano, momento no cal se planificará o resto de xornadas, ata completar un total de 15. Isto faise para ir reaxustando as xornadas, pois en caso de choiva non se xogará.
Tamén, se axustaron outras medidas relacionadas co sistema de competición, en canto ao número de grupos segundo participación.
Estes documentos e outros relacionados con regulamento e medidas do material están de xeito permanente na etiqueta da Conferencia Rías Baixas do menú principal.
No eido competitivo, os equipos presentan aos seus líderes e lideresas de equipo con ilusión renovada.
O final da temporada pasada demostrou varias cousas e unha das máis destacadas foi que xogando con máscara hai un xogador que non tivo rival. Abaixo comparade os resultados finais cos resultados de sumar só os ptos das 6 xornadas xogadas con máscara.
Pois si, Charri “O mexicano” non deu opción aos seus rivais. Polo tanto, mentres a situación obrigue a xogar con máscara, Charri parte como un dos favoritos para o título. De todas as maneiras, ao bo de Charri apareceulle unha dificultade engadida, xa que, ao ter dobre nacionalidade débese a dúas patrias. En fin, a ver se lle dá tempo a volver antes do sábado.
Os equipos xa preparan as súas equipacións e o material. Lúa de Forza presentou o seu novo batepalán. Esperan que sexa homomogado antes do sábado.