RICAR campión LNB RÍAS BAIXAS 2019-2020 e Óscar Ponte vence na xornada 18
“Verde que te quero verde, verdes prados, verde monte… e en Bueu, Verde Ponte.” Ricar Verde conseguíu o seu segunto título LNB RÍAS BAIXAS e Óscar Ponte entrou no Alboio da Fama da LNB como primeiro palanador Noroeste que vence nunha xornada das Rías Baixas.
Unha tarde espléndida de sol e nubes e un ambiente magnífico de billarda, adrenalida, serotonina e dopamina correndo polas arterias. Este era o escenario e como todo escenario precisaba de artistas, instrumentos e música. Pois ben, completou este cadro lúdicodeportivo unha fastuosa actuación do cuarteto Pontevarela que chegou desde a Laracha cunhas ben afinadas ferramentas de percusión e madeira.
De catro xogadores que presentou Campo da Feira, dous estiveron no podio absoluto da xornada, Óscar como ganador da mesma e o incombustible e infatigable Ladito na terceira prazo. Un terceiro integrante estivo no podio infantil, Abel na segunda posición. E o cuarto membro do cuarteto, pois… sacou unhas fotos prodixiosas e gravou uns vídeos sensacionais. Que máis se pode pedir?
Na entrega de premios colaborou a pulga de Rosario.
49 participantes na xornada máis numerosa desde a reanudación da competición e o que faltaba por decidir nas clasificacións xerais, claro está, decidiuse. Todo quedou como estaba. Non houbo modificación nas posicións e só Charri puxo algo de emoción no seu ascenso meteórico desde a décima praza, que ocupaba cando se parou a liga en marzo a unha distancia de 33 ptos da terceira posición, ata rematar empatado co terceiro clasificado a ptos. Só un inxusto criterio de desempate o separou dese podio merecido. En caso de empate a ptos na xeral o regulamento de competición LNB RIB di que quedará por enriba quen teña maior número de vitorias en xornadas de liga. “Quen puxo ese criterio de desempate?… Quen foi?… Quen foi ?… Que… que… lle conto un dos meus mortais chistes de xubiladas”, berraba o bo e xeneroso de Charri, sobre todo o segundo, mentres era agarrado polas súas compañeiras de equipo para evitar que cometera calquera imprudencia física.
Así quedaron os podios finais de LNB RIAS BAIXAS.
Aquí quedan algunhas fotos espectaculares.