A NorOeste gaña nas Rías Baixas
A derradeira xornada da liga 19/20 da conferencia Rías Baixas, desputada en Bueu foi gañada con claridade por Óscar Ponte (Campo da Feira) e o terceiro chanzo do podio foi para Eladio (Campo da Feira) que só fallou na final, sendo o segundo palanador coa puntuación máis alta da xornada. O segundo posto foi para Álvaro, do equipo Gharaboto.






Begoña (Corredoiras) foi a gañadora na categoría feminina e Martiño, do mesmo equipo foi o campión infantil.

Rematada a liga na Conferencia Rías Baixas, o campión na categoría absoluta foi Ricar (Corredoiras), 2º Pirucha (Gharaboto) e 3º Xan Rodiño (Lúa de Forza).
En categoría feminina gañou Bego (Corredoiras), seguida de Chefa (Corredoiras) e María Caride (Gharaboto).
O campión infantil foi Hugo (Gharaboto), 2º Xián (Lúa de Forza e 3º Martiño (Corredoiras).
Por equipos o campión foi Corredoiras, 2º Gharaboto e 3º Lúa de Forza.