CICLOXÉNESE TROPICAL EN SOUTOMAIOR
Na final a catro da xornada de Soutomaior apareceu un Ciclón e os tres finalistas de Gharaboto non aguantaron en pé tanto vento. En fin, Gharaboto ganou a xornada por equipos e puxo a tres xogadores na final, Piru, Álvaro e Hugo. Mais, non foi suficiente para ganar tamén a categoría individual, pois encontráronse co Ciclón… de Moscoso.
O Che estivo imperial e só mostrou certa debilidade na semifinal contra Ricoy, quen tivo un golpe a 10 metros para eliminado e fallou. En féminas Bego non tivo problemas para ganar o mesmo que Hugo en infantil, a pesar da presenza de Martiño, o Castro mellor edificado de Bueu.
Despois de sumar os ptos da xornada podemos confirmar que despois de moitos anos, desde a temporada 2013-2014, a falta dunha xornada, hai 4 xogadores con posibilidades matematicas para ser campión de Conferencia. Certo que Charri ten 0.1% de posibilidades e Xan 0.9% de ser campións. Non obstante, os 10 ptos de distancia que ten Ricar sobre Piru manteñen a expectación e as posibilidades de Piru están intactas.
As últimas posicións de finalista apretáronse tanto que Lito, podio nas dúas últimas finais LNB, e Suso están fóra delas.
Na categoría feminina queda por decidir unicamente as prazas de podio, xa que, as 10 clasificadas semella que non van sufrir modificacións, sobre todo, se Elena Sabarís non xoga a última xornada. En equipos, Valpaços ten moi difícil acadar a segunda posición de Corredoiras.
En equipos, o título non esta decidido polas matemáticas, mais a lóxica pura di que non será posible que Gharaboto lle reste 34 ptos a Corredoiras, ademais, xogando en Bueu.
Destacar unha vez máis a exemplaridade do comportamento de tod@s na aplicación do Protocolo COVID 19 que contempla as medidas de protección e seguridade para evitar o contaxio. vale de exemplo a imaxe de abaixo.
Algunha foto da magnífica tarde billardeira.
O único incidente desagradable da tarde foi o xesto feo e antideportivo de Piru ao rematar a final. O da Torre non quixo saudar a Che fisicamente, aínda que hai quen di que foi para cumprir a obrigada observancia do Protocolo COVID 19. Resolveremos o enigma en vindeiras entradas, pois temos o vídeo completo da final. De momento, imos revisalo con detemento non vaia ser que o Comité de Ética da LNB teña que actuar de oficio contra Piru.