CORREDOIRAS dá un paso definitivo de cara ao título. Como sería o conto sumando só os ptos das xornadas postpandemia. Billarda sempre na TVG.
A etapa postpandemia está sendo moi favorable para algunha xogadora e algún xogador que en condicións normais, antes do SARS COV 2, pois, pasaban máis desapercibidos. Estamos falando de María Caride e Charri. Moitas persoas pregúntanse, e algunha delas respóndese de seguido, Charri está tomando algunha substancia que mellora a visión e tonifica a musculatura máis do permitido a un ser humano normal. O de Caride era esperado. Ante a ausencia de Bego a dúas xornadas, a candidata a ocupar o seu lugar nos podios é María. En fin, curioso o rendemento postpandemia. Aquí vos quedan unhas gráficas para que analicedes. Certo que os líderes das clasificacións individuais, Ricar e Bego, faltaron a 2 das 4 xornadas disputadas.
En equipos non habería cambios. Nas individuais teriamos ao Mexicano de Beluso, Charri, como líder intratable, con 19 ptos sobre o segundo clasificado. En Féminas M. Caride estaria primeira cun pto de vantaxe sobre Chefa, e Elena sería terceira a 7 ptos.
Pica enriba da letra en cor azul para ollar o vídeo da xornada 16 LNB RÍAS BAIXAS de Salcedo, 1 de agosto 2020.
Outro acontecemento histórico televisivo foi a participación dun palanador LNB nun programa da TVG.
O impacto da súa interpretación do tema GLORIA de Umberto Tocci chegou máis alá do Padornelo. Tanto foi así que ata a Sexta se interesou pola actuación dese tolo asilvestrado de Landras. Ben, imos por partes. Non podemos emitir o video completo da súa actuación, pois pode ferir e… realmente, faino de xeito incompatible coa boa saúde física e psíquica. Daquela, iremos emitindo cada dia un anaco da súa maxestuosa actuación e do seu dicurso reivindicativo da billarda… Brutalisimo!!! Billarda sempre!!
Picade enriba das letras en azul. Programa Cantas ou non? Presentación do talento vocal das Somozas, Alejandro (Landras).