Mércores, Decembro 11, 2024
ActualidadeConferencia Rías BaixasLiga Nacional de Billarda

LNB RÍAS BAIXAS xornada 15 disputada na sabana de Moscoso

Suso entra no olimpo dos ganadores de xornada LNB. O palanador de Salcedo debutou na LNB o 24 de novembro de 2012, na xornada sexta da Conferencia Rías Baixas disputada no pavillón da Florida, Sanxenxo. Desde esa data, Jesús Rosales xogou máis de 100 xornadas LNB. Pois ben, a pesar de ser un dos xogadores que disputa finais LNB e que normalmente ocupa postos altos na clasificación, nunca acadara o triunfo de xornada. O seu mellor resultado fora un segundo posto na temporada 2015-2016, e curiosamente no mesmo escenario de Moscoso.

 

A xornada estivo condicionada pola presenza de Rinos en cada curruncho da sabana de Moscoso. Non foi doado para os equipos desenvolver as súas estratexias. O equipo local Rinoceronte soubo acondicionar o terreo segundo as necesidades propias. Ben que o conseguíu cun resultando sorprendente. RINO foi segundo, detrás do imparable Gharaboro que meteu a 4 dos seus xogadores na final a 4.

Foi realmemte difícil practicar billarda nestas condicións…

 

Outra cuestión que se comentou moito foi a ausencia de varios xogadores de Corredoiras. Incluso, o concello de Bueu xa estivo pegando carteis por todo o Morrazo e nalgúns lugares de veraneo do sur de Portugal para localizar aos seus xogadores. Semella que o acercamento na xeral de Gharaboto comezou a inquietar a veciñas de Cela e Bueu. Temen que o equipo de Marín poña en risco o título 2019-2020. Desde o consistorio rogan a quen teña información sobre os desaparecidos que o comunique.

 

Entendemos a intranquilidade que se vive en Bueu despois de sumar os ptos da última xornada. Periga o título de equipo e as prazas individuais para a FinaLNB 2020. Así están as clasificacións.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *