Xoves, Abril 25, 2024
Uncategorized

Collazo gaña a derradeira xornada da tempada

O pasado domingo 19 foi a última xornada da Conferencia NorOeste. O triunfo foi para Collazo, Óscar foi 2º e Abel 3º (os tres de Campo da Feira).

A campioa feminina foi Lu, de Lúa de Forza e o campión infantil Miklos, de Filloas de Sangue.

Por equipos volveu gañar unha vez máis Campo da Feira

Podio da xornada 18. Abel, Óscar, Collazo, Lu e Marc

No que respecta á liga 19/20 houbo cinco claros vencedores: Xan Rodiño (campión individual), Abel (campión infantil) Lu (campioa feminina), Collazo (campión de varados) e Campo da Feira (campión por equipos)

Podio da liga: Collazo, Lu, Óscar, Xan e Abel
Clasificación nas distintas categorías da tempada 19/20

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *