Venres, Marzo 29, 2024
ActualidadeConferencia NorlesteLiga Nacional de Billarda

FESTIVAL DA CHAIRA 2020 e ABERTO DO XABARÍN

Xa temos información máis fiable, se isto fose posible, que nos chega da delegación de BIGAL na Terra Chá. Ademais do Torneo Cerrado de Billarda Cabaliño do Chousa celebrado en Castro de Rei o domingo 12 de xullo, o sábado 11 de xullo no magnífico escenario de Baltar, na Pastoriza, á beira do Miño, disputouse o XI Aberto de billarda Festival da Chaira.

Diego Seijas foi o ganador. O nómade Seijas Chegou a Baltar desde Oriente. Guiado pola estrela da Chaira acertou co lugar e … co varal. Troitas Bravas xa lle botou a rede e conta con que forme parte do seu proxecto 2020-2021.

 

Compañeir@s da AC A CHAÍNZA enviáronnos algunha foto do Aberto. Este ano organizaron o Festival de xeito alternativo. Quen queira acceder ao Festival na rede que pique aquí… https://www.facebook.com/FESTIVAL-DA-CHAIRA-111032625602678/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *