TORNEO CERRADO DE BILLARDA do Cabaliño do Chousa. Os equipos modestos do NORLESTE impresionan na herba de Castro de Rei
No Norleste reapareceu a billarda. Foi en Castro de Rei. Xuntáronse varios equipos da Terra Chá e doutras xeografías da provincia para recuperar as sensacións ao golpear unha billarda. Pois ben, o obxectivo fundamental deste Torneo Cerrado de Billarda era comezar a preparación para as finais LNB 2020 e, ao mesmo tempo, recuperar o Cabaliño do Chousa que estaba desaparecido desde había 12 meses.
Pouca información nos chegou desde Castro de Rei. Coas fotos que nos enviaron podemos interpretar con certa fiabilidade que o Cabaliño xa apareceu e que Seixas ganou o Cerrado de Billarda. Outra conclusión é que hai que introducir a palabra Cerrado para denominar aos torneos da era COVID 19, xa que, o protocolo de prevención e seguridade fai que se teñan que adoptar certas medidas propias para xogar billarda con absoluta garantía.
Na foto do podio aparece Manu, cunha camiseta ambigua… con dous escudos, o de de Billarda Verde, equipo actual, e por debaixo o de Madia Leva, franquicia que xa se fixo cos seus servizos para a próxima temporada, ou iso é o que Xan Bavaria nos confirmou, coa boca pequena. Manu, decídete dunha vez !!!
Estes son os nomes das persoas da LNB NOL clasificadas para as Finais LNB 2020 de setembro.