Case todo pendente para a última xornada da LNB NorOeste
O domingo 19 de xullo desputarase a última xornada da Liga Nacional de Billarda da Conferencia NorOeste. Xogarase no campo de fútbol de Vista Alegre (Soandres) ás 11 da mañá.
A falta desta últuma xornada só hai tres cousas claras: Campo da Feira de Paiosaco, proclamouse campión por equipos fai dúas semanas. Abel (Campo da Feira) tamén conqueríu o título infantil na xornada de Paiosaco e Lu (Lúa de Forza) é campioa feminina dende a penúltima xornada.
O campión absoluto aínda está por decidir, aínda que Xan Rodiño (Lúa de Forza) teno todo ao seu favor, xa que avantaxa en 26 puntos a Collazo (Campo da Feira). Xosé Collazo tería que facer pleno de puntos na última xornada (35) e a Xan tan só lle farían falta 10 puntos para proclamarse campión.

O terceiro chanzo do podio tampouco está decidido. Hai catro xogadores en 6 puntos.

Na categoría de equipos a emoción está por saber quen se fai co 2º posto, que da acceso ás finais nacionais. APB está agora no segundo posto e Malpica -Cochikeiros tería que facer 11 puntos máis que o equipo larachés para desputar as finais.

Na categoría feminina falta saber o podio, ao igual que en infantil.


Pero onde realmente está a emoción é no posto 9º e 10º da clasificación xeral individual para poder xogar na final de Compostela. Hai cinco palanadores para dous postos separados tan só por 3 puntos. A emoción e a tensión segue até o final.
