LNB RÍAS BAIXAS 15 xornada de liga en territorio RINOCERONTE
Xa chega a esperada xornada de Moscoso, a reserva natural dos RINOS. Este ano veremos se o campo da Lameira honra o seu nome ou sufriu o efecto da canícula. Anos anteriores xogárase en outono, cando a sabana de Moscoso estaba espléndida e coa musculatura da vexetación excitada. En fin, as clasificacións teñen interese en varias zonas da mesma.
Aquí vos ofrecemos o cartel censurado polas autoridades, pois os anárquicos RINO non cumpren o Protocolo COVID 19 e só dous dos seus integrantes levan posta a máscara.