Xoves, Outubro 3, 2024
ActualidadeConferencia NoroesteLiga Nacional de Billarda

APB dá un chimpacarneiro a MAC e ABEL PONTE xa se converteu no Infantil con máis xornadas LNB ganadas

Abel Ponte gana nas Encrobas, Marc Varela é primeiro en Infantil e CAMPO DA FEIRA gana por equipos… e xa van… moitas.

 

 

Agora as clasificacións quedan listas para o último asalto que será o vindeiro domingo en Soandres, campo de futbol de Vista Alegre.

 

Tal como quedan as clasificacións nas zonas de interese, varias plataformas dixitais de “pago para ver’ xa se puxeron en contacto coa LNB NOR coa intención de retransmitir a última xornada.

A terceira prazo do podio quedou aberta, pois, Berdi e Roi tiveron unhas magníficas puntuacións e Óscar e Lito picaron roda na subida ao Pontoxo. Agora, 6 ptos separan aos 4 candidatos a podio.

As últimas prazas de finalista aumentaron en incertidume, se cadra. Ademais dos 5 magníficos, un ingrediente máis chegou para facer da última xornada unha ofrenda de adrenalina. Añón anunciou que non poderá acudir o próximo domingo a Soandres, polo tanto… deberá esperar que 3 deses 5 aspirantes non o superen. Son 15 ptos de distancia sobre o xogador que ocupa o posto 11. A rezar Añón, deixa o vudú e regresa ao catolicismo !

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *