Non digades Corredoiras dicide CHARRIDOIRAS e Gharaboto non estivo preciso no campo de San Narciso
Todo pintaba escuro para Corredoiras despois de sufrir unha humillante derrota na xornada anterior en Bueu. Visitaban a casa de Gharaboto e con baixas sensibles. Faltaban os seus 5 primeiros xogadores. A misión semellaba imposible, mais ninguén contaba co efecto Charri. O mexicano fixo 30 puntazos e non ganou a xornada, como afirmou el “para non abusar”.
Daniel de Rino ganou a xornada, en féminas ganou Mónica Padín e en Infantil foi primeira Antía. Estes.foron os resultados.
Por vez primeira 2 Rinos na final a 4. Martiño Castro regresou da súa concentración en altitude e xa lle serve a camiseta de seu pai.
Así quedan as clasificacións xerais.
Algunhas fotos espectaculares baixo a canícula de Marín.