Campo da Feira xa é campión e Collazo gaña o Aberto das Cereixas
O V Aberto das Cereixas, puntuable para a 16ª xornada de Liga da LNB NorOeste quedou de novo en Paiosaco.
Collazo foi o vencedor, seguido de Óscar e Eduardo.
Por equipos gañou Campo da Feira, que xa é campión da liga a falta de dúas xornadas.
Merche (APB) gañou na categoría feminina e Marc (Campo da Feira) en infantil.
Houbo dous novos debutantes na liga, Miranda (Filloas de Sangue) e David Fontaíña (Malpica-Cochikeiros)
A falta de dúas xornadas para rematar a liga a clasificación aprétase cada vez máis.
Collazo recórtalle puntos a Xan Rodiño, Óscar ascende ao 3º posto e os dous últimos postos que dan acceso á final botan lume, ao igual que o segundo posto por equipos.