A Conferencia NORLESTE comeza a preparar a FinaLNB 2020. NOROESTE e RÍAS BAIXAS teñen xornada o 4 de xullo
CONFERENCIA NORLESTE
Na Conferencia Mai, a Norleste, rematou a temporada e decidíuse aceptar como resultados definitivos os que resultaron da xornada 10 disputada en Mondoñedo o 7 de marzo.
Pois ben, no confinamento moitos xogadores e xogadoras mantiveron a forma dando golpes á billarda nos espazos dos que dispoñían, a xente do rural nas leiras e prados ou nas eiras, a xente da urbe nos corredores e garaxes. Agora que comezou o mes de xullo e con dous meses por diante ata a FinaLNB 2020, chégannos as primeiras imaxes do equipo máis madrugador, Troitas Bravas. Certo, o equipo troiteiro innovou para retomar a normalidade cun sistema de adestramento importado dos Países Baixos. Como hai que respectar un protocolo de prevención de contaxio do SARS coV 2, están adestrando en grandes espazos da Pastoriza, o que permite a distancia de seguridade entre persoas e teñen a colaboración dunhas razas de vacas preparadas e alimentadas especialmente para recoller e traer as billardas, evitando desta maneira que sexan tocadas por vari@s xogador@s.
Estas son as elixidas, estes son os elixidos para participar na FinaLNB 2020 incluíndos as prazas de reserva.
CONFERENCIAS ATLÁNTICAS
Nos clasificados da NorLeste para as finais 2020, falta Chousa de Carabullo.