V Aberto das Cereixas
O sábado 4 de xullo celébrase o V Aberto das Cereixas, en Paiosaco. será ás catro e media da tarde no aparcadoiro público que hai fronte á gasolineira.
Este torneo é puntuable para a 16ª xornada de Liga da Conferencia NorOeste.
Nas catro anteriores edicións ninguén repetíu trunfo no Aberto das Cereixas. No 2016 o campión foi Collazo, no 2017 gañou Eduardo e nas dúas últimas edicións gañaron fillo e pai: Abel e Óscar Ponte (os catro do equipo Campo da Feira). Gañará de novo alguén do equipo de Paiosaco ou pola contra o trunfo será para algun palanador ou palanadora de outro equipo?