Resultados da 15ª xornada de liga
O vencedor da xornada de liga desputada en Boedo foi Óscar Ponte, segundo foi Collazo e terceiro Añón. Desta maneira Campo da Feira copou os tres postos do podio, tamén foi o equipo campión da xornada e Abel campión infantil. Lu Torres, de Lúa de Forza, foi a primeira clasificada feminina.

A falta de tres xornadas para rematar a liga na Conferencia NorOeste, a emoción céntrase na segunda praza de equipos que da o pase para a final nacional, a día de hoxe APB aventaxa en 2 puntos a Malpica-Cochiqueiros. Na clasificación individual, as dúas últimas prazas que dan acceso á final hai cinco palanadores implicados en tan só 10 puntos.
