Volveu a billarda, volveu con orballo e pan de landra
Ledicia na volta das billardas aos camiños, neste caso, ao asfalto de Lendo, na Laracha. A mañá estivo morriñenta e nostálxica, gris e de orballo. A nova billarda xógase con máscara e precaucións, cousa que non impediu ver golpes magníficos e enfrontamentos apoteósicos.
Pouco máis que dicir que estas sentidas verbas do novo corresponsal de BIGAL en Bergantiños.
“Benquerid@s palanador@s prego desculpedes a miña inexperiencia como reporteiro nesta xornada tan importante para a LNB, mais cando o meu corpo deu filtrado os restos das substancias narcotizantes que contiña o pandra (pan de landras) do malvado somocense, un palanador, que de perfil desaparecía da vista de calquera ser humano, acababa de eliminarme. Outro xogador de APB tamén padeceu os efectos da dopamina no pan de Landras propiciando unha situación máis que inusual: Vilas entraba unha e outra vez entre os varais, clasificándose no segundo posto do grupo. Non sei que pasou durante a xornada e lamento profundamente non poder facer ningún outro comentario ao respecto. Desde Bergantiños e agardando poder volver en sete días a bater na madeira, recibide unha apertaza”. (Tanator, Bergantiños, xuño 22, 2020).
Estes foron os resultados.
Así quedan as clasificacións
Fotos espectaculares que nos achegou EGASA
Medidas de protección e seguridade e a presentación oficial do PANDRA (pan feito con fariña de landra e auga diurética e medicinal do regato de Seixas, nas Somozas) foron outras circunstancias salientables do retorno da LNB.
Ademais, xa está confeccionado o calendario das xornadas que faltan para finalizar a temporada 2029-2020.