Xoves, Marzo 28, 2024
ActualidadeLiga Nacional de Billarda

DÍA DAS ESTRELAS DA BILLARDA 2020 adiado, adiado

O Día das Estrela da BILLARDA 2020 queda adiado ata que a pandemia de COVID19 permita realizar actividades de grupo con seguridade sanitaria.

A LNB non é allea ás dinámicas sociais e adopta todas as medidas recomendadas polas institucións e organismos sanitarios. Deste xeito, a competición queda paralizada sine die. Xogadoras e xogadores deberán adestrar en solitario e na eira, sollado, adega ou salón da súa casa.

Ao mesmo tempo, na LNB NOR están pensando que facer cos dous mil exemplares dos carteis de promoción que xa foron imprimidos. As persoas que serviron de modelo para os carteis xa comunicaron que renuncian ao seu caché por ceder a súa imaxe, bravo por Collazo e Mariña.

Aqui quedan estes extraordinarios carteis que deberán comerse as nosas compañeiras e compañeiros do NOR ou aproveitalos para organizar o DÍA das ESTRELAS en época estival, que lle acae mellor ao lugar elixido para a súa celebración, a praia de Razo, Carballo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *