Sábado, Abril 20, 2024
ActualidadeLiga Nacional de Billarda

DÍA DAS ESTRELAS DA BILLARDA 2020

 

 

 

O 21 de marzo celebrarase o Día das Estrelas da Billarda 2020. Será en Razo, Carballo. Temos unha oportunidade única para conseguir unha praza directa para participar na FinaLNB 2020 na categoría Individual Absoluta. Esta praza será para quen gane o Aberto das Estrelas. De todos os xeitos, pensamos que a maior alegría para quen gane será recoller de mans do alquimista da madeira José Gándara o trofeo acreditativo.

 

 

O Aberto tamén premiará ao equipo con maior puntuación. Campo da Feira está tan seguro do seu triunfo que lle dixo ao Alquimista de Filloas que non observara as horas de traballo nin os custos. Así, Gándara preparou unha réplica da Torre de Hércules traballando só 8 horas cada día, durante 3 meses. O valor de mercado desta filigrana manual? Pois, botardes contas de canto vale unha hora de traballo dun artesán da madeira e multiplicade polos días que hai en tres meses… buahhhh!

 

 

 

Pola mañá haberá dous concursos, o de Triplas e o do 3×3.

Estes serán os trofeos para o concurso de TRIPLAS

 

 

 

 

Trofeo para o 3X3

 

 

Por se acaso isto non é suficiente para que acudas a Carballo aquí vos queda o vídeo promocional. Poderás participar tamén na Collazorruleta bilingüe, que é iso? Observade o vídeo e encontraredes a resposta.

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *