Xoves, Abril 25, 2024
ActualidadeConferencia NorlesteLiga Nacional de Billarda

Despois da Carabullada Infernal… hai vida máis aló? Pois si… no planeta das Estrelas da Billarda

Aínda non se apagaron as lapas infernais que conquistaron as retinas de palanadoras e palanadores da LNB NOL o sábado pasado en Mondoñedo e a prensa deportiva xa inmortaliza o acaecido cunha crónica breve, non obstante, contundente. As hemerotecas do país conservarán para as vindeiras xeracións tan alucinóxena fazaña… A herba é territorio Carabullo.

 

Pois ben, BIGAL quere contribuír a este recoñecemento cun fabuloso documento audiovisual que manifesta o magnífico nivel deportivo que hai na LNB NOL. Aquí pode estar a clave da evolución de Carabullo. Os outros equipos apértano e Carabullo progresa ata case a perfección. Grazas ás persoas que gravaron estas formidables imaxes e grazas tamén a Ollo, Lóstrego por deixarnos utilizar a súa marabillosa música.

 

 

Para rematar, debemos insistir en que participar no Día das Estrelas da Billarda 2020 é beneficioso para a saúde, ademais de ofrecer a posibilidade de conseguir unha praza directa para a FinaLNB 2020. Como sabemos que esta recompensa igual é pequena para palanadoras e palanadores do NOL, a organización deu un paso máis alá e presenta este vídeo promocional agresivo e que non vai deixar indiferente a ninguén.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *