NOVA DE ÚLTIMA HORA NA LNB NOL… GUTIERREZ xa sabía o do COVID-19… hai un ano.
Temos unha nova de última hora desde a LNB NOL que pode cambiar o signo e o destino dun dos xogadores máis representativos desta manifestación deportiva. Ademais, dun don especial para o xogo da billarda, descubrimos que este palanador de Troitas ten outra habilidade ou aptitude para a adivinación. Imos por partes, revisando o acontecido a temporada pasada na xornada de Mondoñedo a través das fotos que temos do evento, os nosos ollos abríronse ata deixar o cerebro ao descuberto cando demos con varias fotos de Gutierrez.
Si, si, compañeir@s, o profeta Gutierrez xa sabía da chegada do COVID-19 a terras galaicas. Aí o tendes vestido coas proteccións recomendadas pola Organización Mundial da Saúde o 9 de marzo de 2019 en Mondoñedo. Entón, será Guti o paciente 0 ou o doctor virus? É certo que este virus foi modificado con sinistros propósitos nun coñecido bar lugués? En fin, non queremos caer na imprecisión informativa, polo tanto, non hai perigo algún por achegarse aos integrantes de TRO o vindeiro sábado en Mondoñedo.