Xoves, Abril 25, 2024
ActualidadeConferencia Rías BaixasLiga Nacional de Billarda

12 XOR LNB RIAS BAIXAS RESULTADOS Gharaboto gana en equipos e FARI aproveita as deficiencias de iluminación para ganar a xornada

Finalmente, o tempo non permitiu xogar ao aire libre. Unha vez máis, e xa van 8 xornadas consecutivas, xogouse en pavillón. No pavillón de Mosteiro ganou Fari, segundo foi Ricardo Lois e terceiro Juanchi. En féminas foi primeira María Caride, segunda Cheli e terceira Marisa. En infantil ganou Hugo seguido de Xián e de Antía. En equipos ganou Gharaboto, segundo foi Lúa de forza e terceiro Corredoiras.

 

A xornada foi algo movida por varias circunstancias especiais. Primeiro, a choiva fixo acto de presenza e houbo que refuxiarse no pavillón de Mosteiro. Despois, a luz do pavillón non era suficiente para ver ben as billardas. Trouxéronse uns focos suplementarios.  Pois ben, en mar revolta ganou Fari. Despois de pasar de grupo con dificultades o remeiro soubo sacar os mellores golpes nos momentos clave e rematou a final cun golpe de desempate contra Ricardo no que fixo Varado. Fantástico Fari.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *