Luns, Outubro 7, 2024
ActualidadeConferencia NoroesteLiga Nacional de Billarda

Resultados 11 xor LNB NOR. Abel Ponte gana na Silva. Añón para un palán coa tibia e Landras reivindica equipación

FEI dominou a xornada da Silva no día que igualou a marca histórica de xornadas consecutivas como líder, 54. APB saca tallada da ausencia de Berdi e réstalle 10 na xeral a MAC. Filloas tivo unha actuación coral e os 4 tenores chegaron aos 50 ptos. LÚA presentou un trío de xogadores e non foi quen de evitar o último posto.

O infantil de ouro de Paiosaco, Abel Ponte, ganou a súa segunda xornada da temporada nunha final contra os dous primeiros clasificados da xeral, Collazo, que foi segundo, seguido de Xan. Lu ganou en Féminas e Carmela en Infantil.

A clave desta vitoria de Abel hai que buscala na súa madriña Elena, quen nunha decisión acertada regaloulle un libro. A lectura desta obra abreulle a mente e os ollos e o infantil Abel non encontrou rival. Elena, por favor, regálalle outro libro a Xulio que está necesitado de ptos.

 

Debutaron Felipe e América. Landras presentouse reivindicativo na xornada e deixou o material sobre a pista durante 1 minuto e mantivo silencio para mostrar o seu descontento. Como medida de presión luciu unha camiseta cos logos de Filloas e da LNB NOR feitos en papel de landra. “A ver se por fin Lois me trae a equipación que me prometeu”, afirmou Landras ante a nosa reporteira.

Outro suceso que a piques estivo de deixar unha vítima foi cando se lle escapou da man o palán a X.R. e foi a bater na perna de Añón. Grazas á fortaleza e ao físico impresionante de Añón, xunto cunha alimentación rica en ferro e sodio, non pasou unha desgraza.

Agora a xeral queda deste xeito

 

Algunhas fotos e vídeos.

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *