RESULTADOS 8 XOR LNB NOL Meira
A pesar de que finalmente non houbo diluvio en Meira, NOÉ colleu o lacón e meteuno na Arca. O de Troitas entra no Alboio da Fama da LNB tras ganar a súa primeira xornada de liga. Cos seus 25 puntos (pleno) levou ao seu equipo a un triunfo que lle permite recuperar o terreo perdido en Castro de Ribeiras de Lea.
Despois dunha análise profunda, expertas da billarda confirman que a volta de Sachas ás pistas, despois da frustrada fichaxe polo Valencia Equipo de Billarda, estimulou ao equipo a remontar a corrente do río. De tal xeito foi a fazaña do equipo troiteiro que agora a xeral queda como se dunha lata de conserva se tratase. Os 4 primeiros equipos quedan a unha distancia de 5 puntos: TRO (90), BIL (79), CAR (79) e CHA (78).
Quen se quererá perder a vindeira xornada en Riotorto? Sachas preparará o terreo do campo de futbol para culminar a remontada e recuperar a primeira praza que nunca deberon abandonar.
Acompañaron a Noé no podio da categoría absoluta Xan Rodiño (23 puntos) e Charly (22). O terceiro posto foi decicido tras un desempate a 3 no que o xogador de Carabullo superou a Regueiro e Navallo. Na categoría feminina a vencedora foi Geni (Billardeiros Musicais).