Venres, Marzo 29, 2024
ActualidadeConferencia Rías BaixasLiga Nacional de Billarda

11 xor LNB RB Resultados. En Vilagarcía non ganou Manolo Fariña… e FARI intentou sabotear a final

De novo houbo que xogar en pavillón. Esta 11 xornada xogouse no pavillón de Faxilde (Vilagarcía). 62 persoas e 7 equipos disputaron unha xornada de billarda con espectaculares golpes e máis de 40 es…VARADOS.  Ganou Xan de Lúa de Forza de Sanxenxo, segundo foi Taxeiro de Valpaços Terra Quente de Vigo e terceiro Álvaro de Gharaboto de Marín. Na categoría feminina ganou Adriana de Valpaços, segunda foi Yu de Corredoiras de Bueu e terceira a súa compañeira de equipo, Chefa. Na categoría infantil foi primeira Nerea de Armadiña de Poio, segundo foi Hugo de Gharaboto e terceira  Antía, do mesmo equipo.

 

As puntuacións fixeron ganador da xornada na categoría de equipos a CORREDOIRAS de Bueu, por diante de LÚA DE FORZA de Sanxenxo e de GHARABOTO de Marín. En categoría equipos femininos ganou Corredoiras féminas coas grandes actuacións de Yu, Chefa e Bego. Segundo foi Gharaboto féminas e terceiro Valpaços féminas.

O equipo de Bueu foi o gran triunfador do día, a pesar do incidente con Fari quen se meteu na pista durante a final absoluta reclamando a vitoria para un compañeiro de equipo, por que consideraba que tiña a billarda máis cerca do varal unha vez remarados os 4 golpes. Que falta de ignoracia por parte do polémico xogador de Bueu… o palanador remeiro non coñece o regulamento nin ten pensado lelo, afirmou, mentres os seus compañeiros de equipo o sacaban do campo para que deixara rematar a final. Cousas da xente de Bueu. Todo rematou ben, pois sabiamente, JM Camiña convidou a Fari a un refresco de lúpulo e santo remedio, Fari tranquilizouse.

ACTAS DE PUNTUACIÓNS

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *