Venres, Setembro 13, 2024
ActualidadeConferencia Rías BaixasLiga Nacional de Billarda

PREVIA LNB RB 11 xor Vilagarcía sábado 1 febreiro

A dous días da xornada de Vilagarcía podemos publicar os documentos máis agardados pola familia da billarda. Desde que a lúa do solsticio de inverno presaxiou frío e humidade para toda a estación, o equipo que máis proveito sacou a esta situación foi GHA. Así, o secreto de Manolo Fariña para dominar as carreiras en pavillón está sendo estudado en varias universidades. Pois ben, abaixo aparece a imaxe de Manolo nunha sesión de adestramento no río Umia.

Os resultados de Fariña son tan impactantes que algunhas compañeiras do equipo Gharaboto están utilizando o mesmo sistema de adestramento que Manolo de cara á xornada do vindeiro sábado.

Incluso, o excéptico Piru inclinouse a probar o tratamento de contraste de temperaturas que tan bos resultados está dando ao se compañeiro de equipo.

O palanador da Adina non quere dar por perdida a loita pola coroa Rías Baixas e xa iniciou a terapia crioxenista ás beiras do Umia. Veremos como funciona Piru o sábado. Os demais equipos están espectantes ante esta xornada, pois se a fórmula do frío segue aumentando o rendemento das xogadoras e xogadores de GHA haberá que probala.

Nas antípodas deste sistema invernal están outros equipos como ARM e VAL que se preparan pensando que a climatoloxía vai ser primaveral o sábado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *