O Aberto do LACÓN en perigo
A poucas horas da disputa do mítico Aberto do Lacón de Meira, os organizadores e as organizadoras temen a sabotaxe por parte dos colectivos Asociación Galiñas Ceibes e Plataforma LNB Vegana. Xa sufriron o ataque cibernético e o cartel anunciador da xornada foi subido ás redes sen o permiso de Eme de Meira.Veremos que sucede o domingo. Por outra beira, chegounos á redacción un vídeo ameazante que de momento non queremos publicar ata que o comité de ética da LNB nos autorice. Mañá será publicado este audiovisual inquietante.