Xoves, Marzo 28, 2024
ActualidadeConferencia Rías BaixasLiga Nacional de Billarda

Vindeiro sábado 18 xaneiro XORNADA LNB RÍAS BAIXAS Concello de Vilaboa

Chega a primeira xornada do 2020 na LNB RÍAS BAIXAS. Un mes sen liga e os paláns devecen por saír do seu letargo invernal. O escenario será o CEP Plurilingüe Riomaior de Vilaboa. Para quen teña memoria fráxil aquí queda algunha imaxe da xornada do ano pasado.

MACHI ARMADIÑA

Pistas exteriores de cemento bravo, ese tipo de cemento que come nas billardas coma lobo esfameado. De todos os xeitos, as previsións son que pode chover coa mesma probabilidade que pode non facelo, daquela, o pavillón do colexio é outra alternativa non tan cruel coa madeira das billardas.

 

 

FARI CORREDOIRAS
PACO VIDAL LAXE DE RONS
JUANCHI LÚA DE FORZA
ELENA GONZÁLEZ GHARABOTO
NAIA ARMADIÑA
CARMEN PAZOS VALPAÇOS TERRA QUENTE
DANIEL RINOCERONTE

 

Dicir tamén, que a temporada pasada neste mesmo escenario produciuse a última vitoria nunha xornada LNB de Rinoceronte, especie de equipo en extinción e que debemos protexer con todos os nosos medios.

TOD@S SOMOS RINOCERONTEEEEE…!

 

 

As clasificacións xerais están deste xeito no comezo da segunda volta da liga.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *