Sábado, Abril 20, 2024
ActualidadeLiga Nacional de Billarda

MESTRÍA 2019… a herba do estadio otorgou moitos roscóns de Nadal a xeito de puntuacións

A Mestría de Billarda 2019 tivo a participación de 52 persoas, 13 mulleres e 39 homes, das cales 8 estaban en idade infantil. A tarde magnífica de sol foi atractivo suficiente para que 6 equipos da LNB Rias Baixas e 2 da LNB Noroeste fixeran acto de presenza na herba do estadio do CGTD de Pontevedra. Ademais, o pracer de competir no exterior, despois de dous meses de pavillóns, foi tal que se botou enriba a noite e as xogadoras e xogadores non querían abandonar o terreo de xogo. De tal maneira que nos cruces eliminatorios e na final o luscofusco fixo aparecer a Santa Compaña. Xa había ben de tempo que a nosa amiga non se paseaba por un campo de billarda, concretamente desde a xornada LNB Norleste de Lugo da temporada pasada.

A presenza de compañeir@s da Conferencia Noroeste despertou un grande interese, pois a última vez que se acercaran a xogar un TAB demostraran o seu nivel, fora no TAB de Chans no mes de agosto. Desta vez, a súa actuación non podemos destacala de sobresaínte, pero si de notable. Ganou Abel Ponte en Infantil, Merche en Feminina e Campo da Feira foi segundo en equipos. Tamén, suliñar que na categoría Absoluta non meteron a ningún representante na final e só Landra, un xogador do Noroeste que aínda non ten equipo, e Merche accederon a semifinais.  Apuntar que a dificultade dun terreo irregular fixo que houbera moitos ceros nas puntuacións totais. Son moitas xornadas en interior e precísase tempo para adaptar o golpeo a ceo aberto. En canto a representantes da Conferencia Rías Baixas, a actuación de Armadiña, con Manu e Cho no podio Absoluto e Ainhoa no Infantil, fainos pensar que cando cheguen os campos de exterior este equipo recuperará potencial. O equipo de Poio foi terceiro por equipos. Lúa de Forza recuperou a Juanma e notouno o equipo sanxenxino. Corredoiras competiu cun equipo pouco numeroso ao igual que Gharaboto entón non estiveron entre os primeiros, ao igual que Valpaços Terra Quente. Rinoceronte xogou cun equipo cheo de xogadores promesas e en idade infantil.

Aquí quedan algunhas fotos espectaculares das nosas deportistas e dos nosos deportistas.

LITO de CORREDOIRAS
XULIO de CAMPO DA FEIRA
KEVIN de APB
JUANMA de LÚA DE FORZA regresa despois dunha lesión
JUANCAR de CAMPO DA FEIRA
ILLY de ARMADIÑA fichaxe de outono procedente da Liga Turca de Billarda
EMEL de ARMADIÑA fichaxe de inverno procedente da Liga Turca de Billarda
BATUR de ARMADIÑA fichaxe de inverno procedente da Liga Turca de Billarda
CRIS de RINOCERONTE
COLLAZO de CAMPO DA FEIRA
ARAÑA de Peisaco de CAMPO DA FEIRA
ALFONSO de VALPAÇOS TERRA QUENTE
CAROLO de LÚA DE FORZA
RICARDO BASDEDIOS a fichaxe de inverno de LÚA DE FORZA
RICAR o lider RIAS BAIXAS de CORREDOIRAS
MACHI dirixindo a ARMADIÑA cara ao podio
A SANTA COMPAÑA durante a final axudou coa sua luminosidade a que se puidera ver a billarda, grazas Santa.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *