COTELO “O TIZÓN DE NADAL” fai historia no Castelo (Culleredo)
A xornada de Castelo (Culleredo) serviu para que Cotelo entrara no ALFA (Alboio da Fama) da LNB, e fíxoo por partida dobre, por vez primeira ganou unha xornada LNB e por vez primeira o equipo da Laracha, APB, conseguíu subir ao máis alto do podio coas súas cores. Anteriormente, o equipo vermello estivera moi preto con RR, cinco veces, e co propio Cotelo, unha vez, mais resistíaselle o primeiro posto. Tivo que ser suplantando a personalidade do Apalpador cando o bravo equipo larachés lograra inmortalizar o seu nome. O vídeo da xornada tiña que ser o da final, na que o suspense que Cotelo lle dá a todos os seus golpes estivo presente unha vez máis. Ata dúas veces, con golpes relativamente doados, desaproveitou a oportunidade de ganar. Finalmente, os astros, as mareas, o solsticio e a bondade de Óscar Ponte que botou a billarda fóra cando estaba a 8 metros do varal, fixeron que Cotelo pasara de ser unha promesa da billarda a unha realidade. Certo que o golpe de Óscar estivo marcado pola negativa do xuíz de campo, RR, a que Edu usara unha radial para derrubar un soporte metálico que molestaba no golpeo do xogador de FEI (xa comprobaredes que tiña razón Araña, pois o poste impediu que Óscar golpeara con comodidade). En fin, na pista da Pulmonía é habitual que sucedan xogadas polémicas. Ademais, tiña que ser. No mesmo lugar no que Cotelo comezou o calvario que o levou a pasar pola clínica de rehabilitación de APB, definitivamente o da Laracha rexurdiu das súas cinzas como Tizón de Nadal.
Aquí vos quedan imaxes espectaculares das nosas deportistas, dos nosos deportistas.
Tamén, aproveitamos para sacar estas cifras significativas sobre a media de participación e o total de xogador@s que manexa cada un dos equipos que compiten na LNB NOR. A evidencia dos números non precisa máis explicación que …
Búscase palanadora e palanador para
equipo de billarda,
interesad@s dirixirse a FIL, MAC e APB.