GHARABOTO ten a receita do triunfo… auga e Fariña
Gharaboto prolonga o seu estado de excelencia. O equipo de Marín ganou a xornada de Salcedo na categoría de equipos. Segundo foi Corredoiras de Bueu e terceiro Lúa de Forza de Sanxenxo.
Cuarto foi Rinoceronte de Pontevedra, pero xa a 20 ptos do terceiro posto de Lúa. Quinto Laxe de Rons e Armadiña foi sexto e sétimo Valpaços Terra Quente de Vigo.
Manolo Fariña ganou na categoría Absoluta e é o primeiro xogador que repite vitoria nestas 9 primeiras xornadas. O veterano xogador de Ribadumia está dominando as xornadas de pavillón e atravesa a terceira xuventude. Segundo foi o actual líder Ricar e terceiro Álvaro.
Na categoría feminina Bego continúa o seu dominio absoluto e foi a primeira por diante de Marga Puente e de Belmira.
O Raio Verde Xián dominou a categoría infantil, segundo foi Óscar Caldas e terceira Nerea.
O Apalpador estivo presente no terreo de xogo.
Agora as clasificacións xerais quedan así…