Últimas xornadas LNB Rías Baixas e NORLESTE
A última xornada LNB RÍAS BAIXAS do 2019 xogarase en Salcedo (Pontevedra) o vindeiro sábado. De novo, a entrada dunha borrasca ameaza xogar en exterior. O campo de fútbol do Casal ten unha maldición enriba, xa que, nunca se puido xogar nel por motivos climatolóxicos, a pesar de intentalo os anos anteriores. Veremos se desta vez o ceo nos permite usalo por vez primeira.
As clasificacións xerais están do xeito seguinte nos seus primeiros postos.
Na LNB NORLESTE, dispútase a última xornada 2019 nunhas condicións meteorolóxicas previstas para a Mariña Oriental de choiva. Ribadeo será escenario do mítico Aberto do Galo na Faxarda e con novidade de día e horario matutino. Se chove xogarase no pavillón de Reinante. Veremos como inflúe este día dominical e este novo horario de misa no rendemento deportivo dos equipos.
Antes da xornada as clasificacións xerais están deste xeito.