CAMPO DA FEIRA remolcado, desencalla do naufraxio de Caión
Despois da derrota na pasada xornada de Caión, Campo da Feira trouxo o remolcador para desencallar daquel triste naufraxio e ben que o utilizou. Presentou 20 xogador@s na xornada sétima e non houbo resistencia por parte do resto dos equipos. O poderoso equipo de Paiosaco conseguíu 99 ptos, MAC de Malpica-Cerceda foi segundo con 75, ou sexa, 24 ptos de diferenza… brutal ! Os demais equipos non chegaron aos 70 ptos. Terceiro foi Lúa de Forza de Sanxenxo con 69.
Na categoría individual Absoluta ganou Xan Rodiño de Lúa de Forza, por diante das dúas Pontes máis grandes da LNB, Abel e Óscar de Campo da Feira. Na categoría feminina ganou Lu Torres de Lúa de Forza, segunda foi Merche de APB da Laracha e terceira foi Marga Puente de Gharaboto de Marín. Na categoría Infantil, primeiro foi Abel Ponte de Campo da Feira, segundo Óscar García de MAC e terceiro foi Migui Cancela de Campo da Feira.
A participación foi fantástica a pesar dunha mañá pasada por auga. Medio cento de palanador@s déronse cita en Laxe (Culleredo) , pois, a pista da Sardiñeira aínda non ten teito. Unha das notas destacadas da alta participación foi que 2 novos xogadores, Asier e Fernando debutaron na LNB, ao tempo que unha nova xogadora experimentou a alegría inmensa de sacar música da madeira contra a madeira, Fátima.
Así quedan as clasificacións xerais nas primeiras prazas
Por favor, a partir de agora á xente que xoga por vez primeira igual hai que indicarlle que o xogo da billarda consiste en golpear a billarda no aire. Fátima veu con Landras e semella que este esqueceuse de darlle as instrucións básicas de funcionamento. A nosa pregunta é, de que virían falando no coche desde Narón? Misterios do Anacoreta Landras.