Mércores, Setembro 11, 2024
ActualidadeConferencia Rías BaixasLiga Nacional de Billarda

8 xor LNB RÍAS BAIXAS Vigo Crónica

Vigo quedou deslumbrado pola actuación de Corredoiras. O equipo de Bueu, Bicampión LNB e 6 veces campión da Conferencia Rías Baixas, sufrira dúas derrotas moi amargas nas xornadas disputadas no Morrazo e chegaron á cidade olívica co obxectivo claro de non deixar que Gharaboto se acercase máis na xeral. Agora Corredoiras distanciase de Gharaboto en 33 ptos. O equipo de Marín mantén o pulso co supercampión de Bueu e mantén todas as opcións de título intactas. Lúa de Forza conserva a terceira praza, cada vez máis lonxe da segunda posición e tamén da cuarta praza, polo tanto, en terra de última praza de finalista LNB. Armadiña vai ter que seguir remando para que Laxe e Rino non se lle acerquen máis e poñan en cuestión esa cuarta praza. Laxe de Rons segue na quinta posición e non sabemos se tirará cara arriba ou terá que mirar para abaixo, por onde se acerca o equipo pontevedrés de Rinoceronte. Este equipo tivo a súa mellor puntuación da temporada e semella que escapa da última praza na que se cravou Valpaços Terra Quente. O equipo local de Vigo tivo unha mala xornada e non chegou aos 40 ptos, cousa que os reafirma na posición de pechacancelas.

En Equipos Féminas Gharaboto continúa coa súa marcha triunfal e se na xornada pasada conseguira 34 ptos máis que o segundo clasificado, Valpaços, nesta xornada meteulle 32 ptos. O que fai que encabece a xeral cunha vantaxe de 66 ptos sobre o segundo e sexa claro e case único candidato ao título. Valpaços Féminas tivo unha xornada mala e ve como se lle acercou na xeral Corredoiras Féminas. Armadiña Féminas é cuarto a 45 ptos do podio. Lúa de Forza Féminas quinto e Laxe de Rons sexto. Rinoceronte Féminas cerra a táboa, pois ten dificultades para formar equipo todas as xornadas.

 

 

Chicho ganou a xornada, mais o gran beneficiado foi Ricar, quen obtivo a maior puntuación dos participantes con 29 ptos. Tamén, Piru estivo a un nivel superior e con 25 ptos continúa cerca do Líder, Ricar, agora a 18 ptos. Semella que os dous loitarán polo título esta temporada. Despois, a 15 ptos de distancia do de Gharaboto está Álvaro e a 18 ptos Xan. A 27 ptos da segunda praza Bego e Charri a 31 ptos. Manolo Fariña sitúase a 35 ptos desa segunda posición de podio. Pensamos que entre est@s xogador@s estaran as prazas de podio. Ricar só ten a ameaza de Piru, xa que os demais están demasiado lonxe a día de hoxe.

En Féminas Bego aumentou a súa distancia en relación á segunda clasificada Elena Glez. María Caride continúa o seu ascenso ao Olimpo e xa está en zona de podio e ameazando a segunda praza de Elena. Por detrás, veñen Lu e Tania a 11 ptos da de Gharaboto. Elena Sabarís tamén se acerca á zona de podio e xa está a 13 ptos desa posición terceira. Adriana a 16 ptos do podio aínda non ten perdida esa opción. Chefa, Belmira e Mónica cerran as prazas de finalistas LNB.

En Infantil, Hugo de Gharaboto conseguíu 20 ptos, unha magnífica cantidade de ptos que o levaron a disputar a final da xornada. Finalmente, quedou cuarto da xornada. Na xeral, acada por vez primeira o liderado e agora con 20 ptos de distancia sobre Óscar Caldas que faltou ás dúas últimas xornadas. Ainhoa de Armadiña é terceira e xa ve a luminosidade do Raio Verde que lle chega por detrás, Xián de Lúa de Forza.

En Varados, non houbo cambios significativos na xeral, se acaso as entradas nos 8 postos de finalista LNB de Chicho, cos 4 varados que fixo onte, e de Manu, que conseguíu 2.

 

Aquí quedan algunhas impresionantes imaxes d@s nos@s deportistas con deseños… de vestimenta século XXI.

 

Tamén, hai fotos doutr@s deportistas máis clásic@s na súa indumentaria.

Carmen Pazos VALPAÇOS TERRA QUENTE
María Caride GHARABOTO
Leti VALPAÇOS TERRA QUENTE
Albino LÚA DE FORZA
MODELO DE EQUIPACIÓN IDEAL PARA PALANADOR Ricardo de Lúa de Forza, pucha, camisa e chaleco, pantalón de pana e zocas.

 

Na foto de abaixo desvélase un dos secretos do equipo do momento, Gharaboto. Manolo Fariña é coñecido pola súa calma, acougo, quietude e paciencia durante o xogo, pois ben, aquí o tendes a velocidade real. O seu alcume de Caracol Fariña teno ben ganado.

 

Na foto de abaixo podemos ver a dous xogadores de Valpaços, máis en concreto o capitán e o delegado do equipo de Vigo, nos momentos previos ao sorteo de grupos.

 

O audiovisual da xornada está en proceso de maquetación. En breve será publicado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *