Luns, Outubro 7, 2024
ActualidadeConferencia Rías BaixasLiga Nacional de Billarda

Corredoiras Billarda ilumina Vigo

Tarde espléndida na cidade olívica para xogar billarda. Incluso apareceu o arco da vella en algún momento da tarde. Corredoiras ganou a xornada coas actuacións estelares de Ricar 29 ptos e Bego 26 ptos. O equipo de Bueu obtivo a puntuación máis elevada do que vai de Liga, 96 ptos. Só Gharaboto, 86 ptos, estivo cerca do actual campión de Conferencia. Os demais equipos non acadaron os 70 ptos.

 

En equipos Féminas Gharaboto volveu ganar e distanciase moito de Valpaços Féminas na xeral. O equipo da Terra Quente só puido ser cuarto da xornada. Segundo equipo feminino foi Corredoiras Féminas e terceiro Armadiña Féminas.

Nas categorías individuais, ganou Chicho na categoría absoluta. O de Lúa de Forza de Sanxenxo, deu a gran sorpresa e aproveitando o seu golpe brutal contra o teito do pavillón levouse a xornada, seguido de Bego Ríos de Corredoiras de Bueu e terceiro o seu compañeiro de equipo Ricar. En Féminas ganou María Caride de Gharaboto de Marín, segunda foi Elena Sabarís de Armadiña de Poio e terceira foi Elena González de Gharaboto. En Infantil foi primeiro Hugo de Gharaboto, segundo Xián de Lúa de Forza e terceira Ainhoa de Armadiña.

 

 

Os compañeiros de Campo da Feira de Paiosaco acercáronse ata Vigo e … xurdiu o amor. Tiña que pasar, tantas viaxes xuntos, tanto contacto, tanto compartir baños e vestiarios…

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *