Xoves, Outubro 3, 2024
ActualidadeConferencia Rías BaixasLiga Nacional de Billarda

GHARABOTO FÉMINAS domina o territorio pavillón

O salientable da xornada foi que sumando só os ptos do equipo Gharaboto Féminas sería a segunda puntuación máis alta. A superficie dos pavillóns axuda a igualar as forzas e entón a habilidade e técnica no golpeo é a cualidade necesaria para opter boas puntuacións.

BREIXO o palanador máis novo de ARMADIÑA
ANTÍA de GHARABOTO
O Raio verde, XIÁN, adoptando a mesma posición que aparece no logo da LNB
DIEGO de ARMADIÑA

Sinalar que no podio absoluto houbo dous representantes de Lúa de Forza de Sanxenxo, nas dúas primeiras posicións, Xan primeiro e Lu segunda. No terceiro posto un xogador de Gharaboto de Marín, aínda que nativo de Ribadumia. Manolo Fariña unha das mellores fichaxes que fixo o equipo marinense.

OS PODIOS

No podio feminino, Corredoiras de Bueu situou a Bego Ríos no máis alto, e despois dúas xogadores de Gharaboto, Mónica Padín e María Caride, ocuparon a segunda e terceira posición respectivamente.

No podio Infantil, Gharaboto situou a Hugo na primeira praza, Armadiña de Poio subiu á segunda posición con Nereae terceiro foi o Raio Verde, Xián de Lúa de Forza.

ELENA GONZÁLEZ de GHARABOTO
Xogador@s de GHARABOTO
As persoas máis sabias saben que hai que protexerse ben. Así, Carmen Pazos usa casco.
NAIA de ARMADIÑA
PAPI de ARMADIÑA e TANIA de VALPAÇOS TERRA QUENTE

 

PUNTUACIÓNS DA XORNADA

Resumindo, magnífica xornada para o actual Campión LNB, Gharaboto, boa xornada para Corredoiras, aínda sen ocupar moitas posicións de podio como ten por hábito. Digna xornada para Lúa de Forza, que sempre que xoga en territorio do Morrazo baixa o rendemento. Boas prestacións para Laxe de Rons do Grove e Armadiña de Poio. Rinoceronte de Pontevedra defendeuse ben nunha superficie que non aprecia, e ademais incorporou a unha nova xogadora, Sheila. A sorprendente actuación de César contrarestou a mala actuación de Daniel. Valpaços Terra Quente de Vigo estivo cerca dos 50 ptos, polo tanto, non estiveron lonxe dos equipos do seu nivel e manteñen esperanzas de asaltar en calquera xornada a sexta posición. Na xeral, Corredoiras segue de líder, pero a distancia sobre GHA acurtouse a 17 ptos. A terceira praza ocúpaa LÚA e será o seu obxectivo conservala ata final de temporada. A cuarta posición que hai algunhas xornadas ocupaba con tranquilidade ARM xa ten unha ameza que é o equipo do Grove Laxe de Rons. O equipo grovense está tendo un rendemento fabuloso en superficie de pavillón, e eles din que mentres o ceo e as nubes axuden seguiran loitando por esa cuarta praza. Rinoceronte e Valpaços cerran a táboa.

En Equipos Féminas, Gharaboto tivo unha puntuación impensable ao comezo da xornada e deste xeito destanciase na xeral en 34 ptos do actual campión Valpaços. O reto para Valpaços vai ser duro, pois esta temporada GHA ten o claro obxectivo de conseguir o único título colectivo que non ten, o de Equipos Féminas.

Na clasificación Individual Absoluta domina Ricar cunha cómoda vantaxe de 14 ptos sobre Piru, quen de momento é a alternativa máis sólida para intimidar ao de Bueu. Despois veñen tres palanadores con máis de 120 ptos, Xan, Álvaro e Charri que aínda estarían a tempo de acercarse ao podio e incluso optar ao título. Os demais xa están demasiado lonxe, aínda que isto é billarda e todo pode pasar, sobre todo, en pavillón. Destacar a un xogador que non é habitual nas primeiras posicións, Gerardo Torres, quen está aproveitando o gran momento de forma do seu equipo para aproximarse ás altura da táboa clasificatoria. O do Grove ocupa a sétima posición.

En féminas, Bego vai primeira con moita vantaxe sobre Elena Glez que dou un gran paso cos 19 ptos desta xornada e superou a Tania, quen agora é terceira. María Caride acércase ao podio, igual que Lu, despois dunha xornada estupenda para as dúas. Lu incluso estivo a 7 cm de ganar a xornada, os que lle faltaron á súa billarda para entrar no varal en lugar de ir fóra de fondo. Adriana e Elena Sabarís veñen despois e tamén hai que contar con elas para o podio final. Mónica foi outra das grandes sorpresas da xornada con 22 ptos e agora entra con moita folgura nas prazas de finaLNB.

En Infantil, Hugo empata na xeral con Óscar Caldas. Ainhoa segue terceirae  Xián cuarto. Nerea quinta e acercándose a esa praza que ocupa o Raio Verde. Estes xogadores e xogadoras serán os que terán que xogarse as prazas de podio, pois @s demais nen@s son demasiado cativos aínda.

As clasificacións xerais quedan deste xeito

 

AUDIOVISUAL DA XORNADA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *