Xoves, Abril 25, 2024
ActualidadeConferencia NorlesteLiga Nacional de Billarda

LNB NOL 5ª xor LUGO 2019-11-16

Xa está aquí o fantástico cartel anunciando a 5ª xornada da LNB NOL, que organiza o equipo MADIA LEVA BILLARDA. Se chove xogarase no pavillón IES Anxel Fole.

 

Lembramos perfectamente como a temporada pasada no Aberto Cidade de Lugo apareceu por vez primeira a Santa Compaña da LNB. Abaixo temos unha imaxe de tal fenómeno paranormal.

Aínda que sexa de difícil obxervación, deste xeito xogáronse as últimas carreiras o ano pasado.

 

Outro fenómeno, desta vez normal, foi o debut de Brandon con Troitas Bravas. Unha fichaxe que partía como o futuro xogador franquicia, pero que a escuridade daquel día deixou conmocionado ata tal punto que nunca máis se soubo del. Onde estará o bo de Brandon?

Esta foto corresponde á temporada pasada na cidade de Lugo. Antes de comezar a competición.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *