Resultados LNB NOROESTE 5 xor Culleredo
En Folgueira, Castelo, Culleredo, a climatoloxía non foi obstáculo para celebrar a xornada de billarda. Iso si, o frío e a humidade dunha pista sen paredes e co único abrigo dun teito condicionou a calidade dos golpes. De todos os xeitos, Collazo non tivo clemencia e usando a súa nova billarda teledirixida conseguíu a vitoria. Lu foi a mellor nas féminas. Lucas Varela volveu da súa lesión de apéndice cunha enerxía impresionante e foi o primeiro en Infantil. Campo da Feira ganou na categoría de Equipos e acércase á marca histórica LNB de xornadas consecutivas como líder.
A xornada estivo marcada pola choiva constante. Pero, non queremos esquecer o cambio xeracional que se está producindo en Campo da Feira. Así, a Araña de Paiosaco semella que perdeu os seus superpoderes en favor de Miguiraña.
Incluso, algún que outro imitador mediocre lle saíu ao bo de Eduraña.
Por outra beira, a parella máis famosa do Noroeste estivo bailando sobre a pista de Folgueira. A evidente saturación de Cor da indumentaria foi a súa mellor arma.
Contemplando a foto de abaixo descubrimos que Julio V golpea cos ollos cerrados. Entendedes agora os seus incribles fallos cando está a centímetros do varal e golpea o aire?