Mércores, Abril 24, 2024
ActualidadeConferencia NorlesteLiga Nacional de BillardaSin categoría

PREVIA 4ª xor LNB NOL San Miguel de Reinante BARREIROS

 

A prensa sempre informou sobre un dos Abertos máis famosos do circuíto LNB NORLESTE, o Aberto de Flores. Certo que algunha vez non acertaba coa denominación deste Aberto, polo tanto, este ano Manolo Flores decidiu, con sabiduría, engadir o nome de “A Billarda” ao Aberto que organiza desde o ano 2010 en San Miguel de Reinante. Se o tempo o permite xogarase no pavillón de Reinante, e semella que o vai permitir. Remourelle Bulls ten sinalada esta xornada na súa folla de ruta como a xornada na que van cornear o varal  ata levarse por diante o podio da Categoría de equipos. Pensaredes que mellor lle sería ao equipo búfalo ganar a última xornada de Remourelle que xogan na casa. Pois ben, a esa última xornada o equipo sempre chega moi minguado física e psicoloxicamente, entón prefiren centrarse na vitoria agora que aínda están coa vitalidade erguida.

Nas categorías individuais, quen sabe o que sucederá. Calquera ou case calquera pode acadar os vinte e tantos ptos que se van necesitar para ganar. Temos ganadores diferentes nos 8 anos que leva o Aberto de Flores no circuíto de liga, e só Markytos repetiu. No 2011 ganou Reyes (OUT) en pavillón, no 2012 Marcos Fdez (REM) en exterior, no 2013 Markytos (BMU) en pavillón, no 2014 Lorena (CHA) en pavillón, no 2015 Ismael (CAR) en exterior, no 2016 Markytos (BMU) en pavillón, no 2017 Charly (CAR) en exterior e no 2018 Albino (CAR) en pavillón. A historia dinos que este Aberto é coma os pementos de Herbón, un ano fóra e outro en pavillón.

 

 

 

 

Na xornada de reflexión,

Flores fai Aberto… en pavillón.

 

 

Desde BIGAL queremos transmitir o sentimento de tristeza da comunidade que forma parte da LNB pola desaparición de Julio. Tamén, manifestamos a alegría de telo de coñecido, pois, foi un daqueles primeiros xogadores que fixeron posible manter acendida a luz da billarda ata o día de hoxe. Un Billardeiro Musical de trato agradable, amable e cercano, e sempre disposto a compartir a súa simpatía infinita.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *