Previa LNB RÍAS 6 xor MOAÑA
Despois do descubrimento das billardas ilegais Forma de Charri, o bravo palanador de Beluso está buscando equipo para a próxima temporada. Non lle van faltar ofertas, pois o seu nome aparece nun lugar de honor en todos os xornais deportivos.
Por outra beira, algúns xogadores xa preparan a equipación para facer fronte á cicloxénese.
Laxe de Rons vé o futuro con optimismo e xa está usando a influencia do seu novo propietario, un grupo de empresas bateeiras, para fichar de cara á vindeira temporada. Vemos unha foto, que nos enviou desde o Grove a nosa confidenta, na que aparecen as novas incorporación.
Para evitar futuras polémicas sobre o tamaño e a forma das billardas, temos a imaxe que nos enviou o maior experto mundial en xogos tradicionais e de raíz, L Camiña, quen ten no mercado varios tratados de autoaxuda sobre medidas, pesos e dimensións espaciotemporais.