Xoves, Marzo 20, 2025
ActualidadeConferencia Noroeste

4ª xor LNB NOROESTE Carballo 2019-10-27

Chega a cuarta xornada LNB NOROESTE, e a previa da xornada de Carballo  pasa polos movementos ocultos dun xogador de Campo da Feira que busca sitio noutro equipo que lle ofreza a posibilidade de loitar polo Título Nacional, pois, seica quere aproveitar, mentres aínda é novo para conseguir un título LNB. O seu palmarés de Conferencia é inmellorable, xa que, conseguíu todos os títulos posibles, mais nas Finais LNB, aínda non tivo sorte. Temos a imaxe que confirma este intelixente movemento.

A prensa deportiva da provincia anuncia a xornada como o acontecemento deportivo máis destacado da fin de semana en Carballo. Ademais, de usar a imaxe corporal do palanador máis estético e escultural da LNB, por non dicir, máis fascinante e sedutor… ao mesmo tempo, que en franca decadencia deportiva.

 

 

Por outra beira, Julio V, o monarca da Laracha, decidiuse a coller o cabalo para desprazarse polos terreos de billarda. O bravo palanador de APB quere tirar dos seus compañeiros e compañeiras para evitar a invasión que vén do sur do país. Veremos se o consegue.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *