Sábado, Abril 20, 2024
ActualidadeConferencia Noroeste

CSC (Crónica Socialmente Correcta) da xornada 3, LNB NOROESTE, Caión

Toda xornada ten protagonistas e antagonistas. Pois ben, quen subiu ao podio ten o protagonismo asegurado dos triunfadores, que acarrexa formar parte das estatísticas LNB e aparecer nas fotos imborrables que xa están na historia da LNB. Non obstante, en cada partida de billarda suceden circunstancias peculiares, salientables e notables, que precisan que alguén as escriba para que non se esquezan.

Desta vez, no pavillón de Caión, imos destacar 5 protagonistas. Primeiro, Ladito coa súa cesta de figos fixo que o tránsito intestinal de palanadoras e palanadores non fora un obstáculo para o perfecto estado físico dos xogadores. Segundo, Piru presentou en sociedade parte da futura equipación téxtil dunha xogadora de billarda, dun xogador de billarda. Así, as proteccións nos xeonllos semellan indispensables para evitar lesións nestas articulacións. Terceiro protagonista foi Julito V, a quen a nova equipación de APB transformou totalmente. Julito paseou polo cemento de Xermaña coma se dun Rei se tratara, altivo e armonioso. Iso si, deberá comprobar se ao meter a camiseta non apretaría o pescozo e con el comprimiría demasiado o rego sanguíneo, xa que, o nervio óptimo xogou en contra del. Contemplade o golpe que lle deu á billarda cara ao curruncho do pavillón.

 

Cuarto protagonista foi Freire coa estrea do novo baile A Muiñarda, cuxos pasos serían, palán, pé dereito, pé esquerdo, palán, pé dereito, pé esquerdo, palán, pé dereito, pé esquerdo…

 

Para o final queremos deixar ao quinto elemento, o antagonista Eduardo García Santiago. Este individuo volveu a protagonizar o incidente negativo da xornada, encarándose cun reporteiro gráfico de Billarda Galicia, que o único que facía era cumprir co seu cometido informativo. Pero, a reacción deste ser humano xa non nos sorprende. Non queremos usar cualificativos, pois temos as imaxes do suceso gravadas. Desta maneira, cada quen pode tirar as conclusións que considere oportunas. O audio ten a calidade suficiente para entender todo o que Edu dixo… e fixo… Palabras e xestos que esperemos non se volvan a ver nun campo de billarda.

 

 

 

 

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *