Martes, Abril 16, 2024
ActualidadeConferencia Rías Baixas

Gharaboto deslumbra en Xil

O equipo Campión Nacional tivo unha xornada excelsa con 4 xogadores por enriba dos 20 puntos e levouse a xornada coa puntuación máis elevada do que vai de temporada. Aínda así, as boas puntuacións de Lúa de Forza e de Corredoiras, os dous primeiros clasificados, fixo que non houbera modificacións nas posicións de podio. Continúa líder Corredoiras de Bueu, segundo está Lúa de Forza de Sanxenxo e terceiro Gharaboto de Marín. Certo que agora o equipo marinense está só a 2 puntos da segunda posición.

Gharaboto Féminas ganou a xornada na súa categoría por diante do bicampión Valpaços Terra Quente de Vigo. Este último equipo aproveitou a mala xornada de Corredoiras Féminas e recuperou o liderado.

Nas Categorías individuais, Juanma consolida a súa primeira posición na xeral ganando a cuarta xornada de Meaño. Ricar é o único xogador que aguanta o ritmo do palanador de Lúa de Forza. Os demais xa están a unha vintena de puntos. Cho entra na terceira posición de podio. Álvaro e Charri completan as 5 primeiras prazas.

Na Categoría feminina, María Caride dá a sorpresa e vence a Bego no desempate. Bego segue de líder e agora con 20 puntos de vantaxa sobre Tania. Terceira sitúase Lu. Cuarta sitúase Elena González e Chefa, quen non xogou, cerra os cinco primeiros postos.

En Infantil, Xián, o Raio Verde, non tivo rival na súa categoría e chegou a semifinais da Categoría Absoluta.

Temos que destacar a participación do equipo de Paiosaco Campo da Feira. A súa actuación estivo condicionada pola pesada dixestión, despois de probar a famosa empanada de nécoras. A pesar de todo, tiveron mellor actuación que o outro equipo da provincia da Coruña que competiu na xornada anterior de Poio. Se APB da Laracha conseguira 20 ptos na xornada terceira, Campo da Feira chegou aos 41 ptos nesta cuarta xornada. É unha pena que non respectaran as 3 horas de dixestión que precisa esa comida tan nutritiva. A piques estivo Xulio Ponte de sufrir unha lipotimia, pois a tarde foi calorosa e todo o mundo sabe que  “co marisco na tripa, non se debe beber da barrica”, e seica os de Paiosaco beberon ben da denominación Rías Baixas.

Taxeiro (Valpaços)
Diego (Armadiña)
Bechi (Corredoiras)
Elena González (Gharaboto)

Podios da 4ª xornada

 

Clasificacións

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *