Empanada de ovos fritos 4.0
O enorme éxito da empanada de nécoras fai que Edu estea traballando nunha adaptación á Comarca de Bergantiños da empanada orixinal das Rías Baixas. Temos información privilexiada, que podemos publicar, sobre a empanada de ovos fritos que EGASA está preparando para levar a Cabana de Bergantiños (3ª xor, 13 outubro).
Ademais, tamén publicamos en primicia mundial a estrea da curta “4 cm”. Momento no que Edu golpea a billarda despois de comer a empanada de nécoras (Eirís, 22 setembro).